CIENCIAS NATURAIS


NATU
Do 1 ao 7 de xuño
Esta semana soamente deberedes rematar a lectura e esquemas do resto do tema,aquí e en edixgal deixovos estes vídeos, que espero vos axuden para entender mellor os conceptos máis importantes:
https://www.youtube.com/watch?v=ctj922MpEYs (aparato reproductor femenino)
https://www.youtube.com/watch?v=QeNPpzwrsq0 (aparato reproductor masculino)
https://www.youtube.com/watch?v=S-8FYoE_XnI (función de reproducción)
Exercicios para enviarme nun writer:
1) Para facer este exercicio precisades o voso peso (Kg) e a vosa altura (m),sen trampas, jijijijijiji;unha vez teñades as medidas ides poder calcular o voso índice de masa corporal (IMC):

 



Cando xa teñades o voso IMC, deixovos a continuación un cadro da OMS (organización Mundial da Saúde) para que fagades unha reflexión sobre ese resultado,e a importancia da alimentación e do exercicio físico no noso corpo.

Equipo multidisciplinario para tratar la obesidad | Obesidad ...

Espero que este exercicio vos resultase divertido pero ao mesmo tempo vos sirva para a vosa vida cotiá!!
Espero vervos a todos e todas esta semana nas videoconferencias, porei os datos nos temas que estamos a traballar en edixgal!!
Un biquiño!!!



 
DO 18 AO 29 DE MAIO

Bos días!!
Seguimos co tema de natu no que estamos, Relacionámonos e reproducímonos, para estes quince días teredes que ler e intentar esquematizar o apartado 3 (SISTEMA NERVIOSO),apartado 4 (SISTEMA LOCOMOTOR)e por último ,apartado 5 (O NOSO CICLO DE VIDA),o 4 e o 5 son moi sinxelos!! (Xa sabedes que se engadides algún debuxo queda moito mellor!!!)
Non pretendo que entendades todo,pero polo menos que vos sirva de lectura e que poidades extraer os conceptos máis importantes,so iso!!!
 Os seguintes vídeos os tendes tamén colgados no tema de edixgal espero que vos
axuden un pouco a entender o que ides esquematizar!!


Tamén vos deixo un enlace moi interesante que me mandou Azucena!!
 O día 20 de maio é o día mundial das abellas, para crear conciencia sobre a importancia dos insectos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución á sostibilidade.

Nese día non podemos esquecer a Eva Crane
Unha física nuclear inglesa que cambiou o seu interese científico ao recibir como agasallo de vodas unha colmea. Converteuse na maior eminencia mundial en apicultura.
Viaxou para investigar a diferentes países, foi unha gran divulgadora que ensinou principios de apicultura a gobernos, ONGs, apicultoras e apicultores ao longo de todo o planeta.
Realizou estudos sobre o comportamento das abellas e a síntese do mel ademais de estudos no ámbito da historia e a arqueoloxía da apicultura.  Recolleu, fotografou e catalogou máis de 2000 obxectos e útiles de apicultura recollidos por todo o planeta.
Tamén teñen unha relación directa coas matemáticas:
 
https://www.universomiel.es/las-abejas-y-las-matematicas/


Do 11 ao 15 de maio

Esta semana non haberá tarefas de natu,simplemente rematar os esquemas e debuxos!!!
Un biquiño!!
(Non teremos videoconferencia esta semana!!) 



Do 27 ao 8 de maio
Bos días!!
Como xa vos dixen nas videoconferencias imos seguir con lectura e sintetización dos temas,aínda que non poida explicalos,pero considero que vos sirve para repasar, xa que son conceptos de cursos anteriores y que ademáis é un exercicio moi importante de comprensión e sintetización que vos servirá para o resto dos cursos académicos que cursedes o longo da vosa vida......
TEMA: Relacionámonos e reproducímonos
Apartado 2 (organos dos sentidos),leer e copiar o esquema de frechas e o cadro inferior.
Logo con cada sentido(vista,oído,olfato,gusto e tacto),tendes que leer,facer esquema e debuxo correspondente. Por último facer esquema ou resumo de “outros sentidos” e “enfermidades dos órganos dos sentidos”. Todo esto no caderno!!!!!
Agora para que me enviedes ó correo, propoñovos que fagades un cado no que anotedes actividades diversas que fagades na casa, e que me poñades os órganos e os sentidos que empregades para facelas,algo semellante a actividade nº3 que aparece neste apartado!!
Lembrade que para facer todo esto tendes 15 días!!!
Trataremos de resolver dúbidas nas videoconferencias que seguiremos facendo coma de costume!!

Un biquiño!!!


20-04-2020
Bos días!!
Para completar as explicacións deste tema, vouvos propor ver dous vídeos…



Lembrade que un dos traballos que tendes que ter feito é, o power point coa vosa inxesta dun día, imaxes reáis, e una comparativa onde tiñades que comentar se a vosa inxesta era adecuada ou non.Este traballo deberedes envialo coma os de Emilio,por correo.

O seguinte traballo será que elaboredes unha taboa na que teredes que indicar as Kcal (Kilocalorías) dese alimento en 100g, esta información a atoparedes nos envases dos alimentos ,e coas froitas ou verduras frescas deixovos un cadro para que saibades,pero tamén podes buscar vós se algo non aparece, intentade averiguar en internet a ver o qué atopades.



E logo xa propoño un reto…..os que sexades quen de calcular cantas calorías inxeristes nese día sería estupendo!!! (Facendo outro apartado nese cadro anterior). Non vos agobiedes!!!

Estaremos en contacto……

BIQUIÑOS!!!!


30-03-2020
Bos días!!
Esta semana imos seguir co mesmo tema,xa vos dixen que tiñades tempo!!!,lembrade que de natu so temos tres sesións semanais,supoño que estades tamén estudando o tema pouco a pouco a medida que ides facendo esquemas no caderno!! Para axudarvos mándovos uns vídeos (non son eu explicando no taboleiro,pero....... jijijijijijiji......... espero que as explicacións destes vídeos vos poidan disipar dúbidas!!!!!



Non dubidedes en escribirme a través de edixgal,tanto os de A coma os de B!!!!
Gustaríame saber de todos vós!!!
Unha aperta enooorme!!!

23-03-2020
Ola!! seguimos co mesmo traballo que vos mandei a semana pasada,espero que o esteades a facer con calma ,tendes tempo de sobra, mandeivos toda la organización do tema para que simplemente vos organicedes como mellor vós conveña a cada quen.
De momento desta materia non vos vou dar máis traballo,lembrade a limpeza, organización de esquemas e debuxos se corresponde no caderno!!!
Recordade tamén,que no blog de 6º ,tedes no lado esquerdo da páxina, varios apartados (sobre alimentos e incluso un sobre cuidarnos....investigade no blog!!) relacionados con estes dous temas (A nosa saúde y Nutrímonos)
Non esquezades estudar!!!
Se tedes calquera dúbida NON dubidedes en escribir por edixgal, porfa!!
UNHA APERTA!!!
O tema que estamos a traballar (A nosa saúde), está case rematado,como xa sabedes quedábanos o último apartado nº5,que tiñades que leer e sobre ese facer unha actividadesen power point ou en office,na que anotaredes a alimentación dun día engadindo as fotos reais deses alimentos.Logo deberedes facer unha comparación por escrito desa alimentación, coa taboa que aparece no último apartado,para razoar se a vosa inxesta é adecuada ou non,e tratar de modificala adecuadamente.Atentos aos consellos!!!
O seguinte tema (Nutrímonos),do que falamos algo en aula comeza con conceptos que xa deberiades de coñecer,comezaremos pondo o título da unidade coma de costume no caderno,e anotaremos as definicións das palabras destacadas.
No seguinte apartado,a dixestión,anotaredes definicións do proceso de nutrición coas súas catro partes,de heterótrofos,nutrientes e dixestión.
Logo toca facer lectura,sintetizción,esquema e debuxo se corresponde do que queda deste apartado,pero das enfermidades do aparato dixestivo so teredes que saber algún exemplo.
No apartado 3,respiración,faremos o mesmo,lectura,sintetizción,esquema e debuxo se corresponde.Para refrescar memoria poderedes facer a actividade nº1 deste apartado 3.
No apartado 4,circulación, o mesmo; e logo faredes a actividade nº6, onde vos mandan analizar a analítica de Sofía,pero eu propóñovos que se tedes na casa algunha analítica, analicedes esa; pegadea na libreta e contestade as preguntas do execicio,(tendes pistas onde di “AQUÍ”).
No apartado 5,excreción,lectura,sintetizción,esquema e debuxo,e como repaso facede a actividade das partes do aparato urinario.
Lembrade estudar!!! (os esquemas que fagades no cardeno serviranvos para facilitar o estudo!!!)
Espero que esta situación non se prolongue demasiado e así poder repasar na aula todos estes contidos,e que aportedes os vosos comentarios como facemos de costume, que supoño que coma mín o votaredes de menos!!

18 comentarios:

  1. Las plaquetas no salen en la analítica

    ResponderEliminar
  2. Se resumían los dos temas?O solo uno.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Cuando entro en los enlaces me da error

    ResponderEliminar
  6. Hola Lili, según el tema nuevo de nos relacionamos y nos reproducimos, yo entré hoy y no me aparecía el tema descargado. Y según las videoconferencias cuando vais a poner los códigos?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Los códigos son los mismos que la otra vez (creo)

      Eliminar
    2. Los códigos son el mismo que el otro día (creo)

      Eliminar
  7. Ami también me aparece que no esta cargado

    ResponderEliminar
  8. Lili soy noa no me aparece el tema de Relacionamos e reprodufimonos

    ResponderEliminar
  9. Ahora si que esta cargado (:

    ResponderEliminar
  10. Lili no me deja entrar en ningun link

    ResponderEliminar